domingo, 31 de mayo de 2020

Sociais 3º Día 45 01/06/2020

Comeza Xuño! Que tal ese solete? Montáchedes en bici? fúchedes no coche a unha praia?.
Pois iso son...Medios de transporte!!
Hai motísimos tipos de medios de transporte para levar persoas ou mercadorías. Poden ir por mar, terra ou aire.
Imos coñecer algúns deles, podedes facer a ficha interactiva, completala en word (hoxe xa me din conta de que tiña que poñer que podiades editala) ou imprimila (ten o fondo en branco no enlace para imprimir).
Unha aperta!! Xa queda menos!!




Os transportes, una ficha interactiva de Helena_GTB
liveworksheets.com




Valores 4º Día 46 1.6.2020



O VALOR DO ESFORZO DIARIO


1) Que valor ten para ti o esforzo diario?


2) Que pensas que pasou coa nena neste vídeo?


3) Cando te aproveitas de alguén que consecuencias ao longo prazo pode ter para ti?

Snappet 3º Semana do 1 ao 5 de Xuño






jueves, 28 de mayo de 2020

Plástica 3º Día 44 29/05/2020

Hoxe traballaremos con...HERVÉ TULLET

Para os que non o coñezades, Hervé Tullet, naceu en 1958 en Normandía e viviu en París durante moitos anos. Despois de estudar belas artes e artes decorativas, traballou como Director de Arte durante dez anos. En 1990 realizou as súas primeiras ilustracións para a prensa. En 1994 publicou o seu primero libro para nenos e nenas. Os seus libros non son só para ler, senón tamén para tocar e sentir. Os seus libros gañaron diversos premios e actualmente vive en Nueva York coa súa familia.

Se vos poño unha imaxes dos seus libros...coñeciades algún? non si?







Pois ben o traballo de hoxe consiste en ver o seguinte video sobre unha obra de Hervé Tullet e tedes que facer un debuxo inpirado no seu traballo utilizando só as cores: vermello, amarelo e azul.




miércoles, 27 de mayo de 2020

Corrección snappet 3º

Cometín un erro en matemáticas, queda corrixido na seguinte táboa. Perdoade

 

Sociais 3º Día 43 28/05/2020

Imos repasar un pouquiño os traballos

 


Os traballos, una ficha interactiva de Maeloc
liveworksheets.com


Valores 3º Día 43 28/05/2020

Ola a todos e todas,
Hoxe imos a traballar a curtametraxe "Ian" inspirado na historia real de Ian un neno con parálise cerebral. Este neno, na vida real, vai nunha cadeira de rodas e comunícase mendiante un ordenador e os seus ollos, pero ainda así o seu maior desexo e xogar cos seus compañeiros de 4º.

Ian, una ficha interactiva de Helena_GTB
liveworksheets.com

Ciencias Naturais 4º Día 43 28.5.2020


As máquinas axúdannos

martes, 26 de mayo de 2020

Sociais 3º Día 42 27/05/2020

Bos días rapazas e rapaces, Hoxe imos seguir co sector terciario. Déixovos un par de videos y unha ficha para facer interactiva ou en word. Ánimo!













DESCARGAR WORD

Ciencias Naturais 4º Día 42 27.5.2020


A bicicleta

Plástica 4º Día 42 27.5.2020

O noso artista desta semana: Joan Miró




Elixide calquera destes debuxos ou se preferides os dous e facede a vosa propia obra.







domingo, 24 de mayo de 2020

Ciencias sociais 3º Día 41 25/05/2020

Bos días a todos e todas, Para rematar co sector secundario, imos analizar as etiquetas que levan os produtos elaborados. Unha vez que faigades a tarefa podedes buscar por casa produtos elaborados e comprobar o aprendido mirando as etiquetas e intentando interpretar os símbolos.








DESCARGAR WORD 

Snappet 3º Semana do 25 ao 29 de Maio



Valores 4º Día 41 25.5.2020


Valores 4 Satisfacción de ayudar a los demás y ser resuelto

jueves, 21 de mayo de 2020

Plástica 3º Día 40 22/04/2020

Hoxe toca algo que parece fácil pero non o é, debuxos en cuadrícula. Escolle unha páxina e intenta copiala nunha folla cuadriculada.




martes, 19 de mayo de 2020

Sociais 3º Día 38 20/05/2020

Mirade o vídeo sobre a fabricación do pan de molde e completade a ficha.
Podedes facelo na ficha interactiva ou ben  mirar o video no blog e facer a ficha en word ou contestar nunha folla de papel.









DESCARGAR WORD

Ciencias Naturais 4º Día 38 20.5.2020

A enerxía e o son

domingo, 17 de mayo de 2020

Sociais 3º Día 36 17/05/26


Comezamos a semana!
Como o liveworksheets da algún problemas con exercicios de unir con frechas. Hoxe detes que facelo en word. Movede as imaxes do exercicio da segunda páxina e poñede a materia prima ao lado do producto elaborado que lle corresponde, despois no recadro amarelo poñede se ese producto elaborado faise nunha fábrica ou nun obradoiro. Tamén podedes imprimir a ficha e unir con frechas ou si sabedes utiliza as frechas de word usádeas. Como queirades!!




DECARGAR WORD

Snappet 3º Semana do 18 ao 24 de maio


Valores 4º Día 36 18.5.2020


Ratón en Venta

Plástica 4º Semana do 18 a 24 de maio


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
RICARDO CARVALHO CALERO

Lembrade que a vosa actividade de Plástica desta semana é a de facer un retrato de Ricardo Carvalho Calero engadindo unha palabra en portugués ou en galego reintegracionista.
Para iso contades co noso Padlet publicado na páxina web do cole.

Veña!  Animarvos para que poidamos ver as vosas obras de arte!


viernes, 15 de mayo de 2020

Plástica 3º - Letras galegas 2020 Día 35 15/05/2020

Ola a todas e todos!!
Hoxe o traballo facémolo todo o cole xunto! Un retrato de Ricardo Carvalho Calero acompañado dunha palabra en portugués ou galego reintegracionista. Ou simplemente a palabra, pero poñédema bonita eh!! Aí ben decoradiña.
Despois hai que subila ao padlet do Día das letras galegas que poño aquí debaixo e se non sabedes, mandádema por mail.
Aviso importante! 

Esta tarefa de plástica de hoxe vaia antes que o traballo en Snappet.
 Así que tomamos o almorzo e comezamos cun debuxiño!
Os que xa o fixéchedes, non tedes que repetilo.





miércoles, 13 de mayo de 2020

Clase de 3º - Día das letras galegas

Ola a todos e todas!!
Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero
Para conmemorar este día propoñévosmos dende o colexio unha actividade para facer entre todos e todas aqueles que queiran participar. Trátase de facer un retrato do homenaxeado acompañado dunha palabra en portugués ou galego reintegracionista (con axuda dos pais e nais), tamén pode ser só a palabra pintada ou decorada. Despois, tendes que subir o debuxo ao Padlet que atoparedes premendo na foto de Ricardo que vedes aquí debaixo.


Ricardo Carvalho Calero


E...Quen é Ricardo Carvalho Calero?

Para aprender un pouquiño del, déixovos unha pequena biografía, e dúas fichas interactivas. Na primeira desas fichas veredes un video sobre a súa obra e na segunda traballaremos sobre "As pitas baixo a choiva" un conto que escribiu sobre unha experiencia da súa infancia.














Sociais 3º Día 34 14/05/2020



Os agricultores non poden plantar en calquer época do ano.
 Mira a táboa de cultivos e contesta.

Podedes imprimir a tarefa ou facela directamente no word adxunto.





DESCARGAR WORD

Valores 3º Día 34 14/05/2020




AVISO 3º

Ola familias, Parece ser que hoxe a páxina de actividades interactivas liveworksheets coa que soemos traballar non funciona correctamente por un exceso de conexión. Podedes facer igual o traballo de sociais mediante o powerpoint que adxuntei. Unha aperta!!

Plástica 4º Día 13.5.2020

DESCUBRINDO A SALVADOR DALÍ

 Salvador Dalí é unha figura representativa do Surrealismo. Aquí podedes ver o que significa esta corrente artística surxida ao comezos do século XX.




A figura máis representativa en noso país é a do pintor Salvador Dalí.





Aquí tendes algúns debuxos da súa obra e se queredes botar unha ollada premade no link e atoparedes moitísimos dos seus cadros.

http://rosafernandezsalamancapintores.blogspot.com/

No que se refire á clase de hoxe, pregovós de descargar a imaxe do reloxo e de coloreala.
Ademais tentade de facer a vosa propia obra pictórica surrealista, seguindo os catro pasos indicados máis abaixo.

Agardo que vos guste.





.

martes, 12 de mayo de 2020

Sociais 3º Día 33 13/05/2020

Repasamos os contidos de onte sobre o sector primario e as materias primas.
Podedes facer a tarefa interactiva, directamente no powerpoint ou imprimila.
Veña que hoxe é faciliño!





Ciencias Naturais 4º Día 33 13.5.2020

A materia

lunes, 11 de mayo de 2020

Ciencias Sociais 4º Día 32 12.5.2020

Historia

Snappet 3º Semana do 11 ao 15 de Maio

Ola familias!
Deixovos unha táboa coas tarefas que irán aparecendo en snappet durante esta semana, así teñen claro que números de tarefa facer e a orde, porque non todos poden traballar ao día.
Sobre a orde é importante seguila en matemáticas, nas linguas non tanto. Ainda así recomendo que si o fagan en orde, xa que intento que teñan os comentarios e as expresións escritas de lengua e lingua separadas ao longo da semana, para que non coincidan. 
Lembrade que ao entrar en leccións, a primeira que hai que facer é a que está máis abaixo, as novas sempre se van colocando enriba, así que hai que comezar de abaixo a arriba, se levades retraso.
Ao remate de cada semana quito as tarefas da semana anterior, para que non se vos acumulen, pero primeiro comprobo se algún alumno ten algo sen facer, nese caso déixolle a ese alumno as tarefas pendentes.




domingo, 10 de mayo de 2020

Valores 4º Día 31 11.05.2020

Lembranzas da corentena.

Aínda que a situación que estamos a vivir non sexa doada, sempre pódese sacar algo positivo. O feito de estar máis tempo coas nosas familias podería ser un deles.

Aquí atoparedes un recurso plástico para reforzar o que veño de dicirvos.


Recuerdo de la cuarentena

Sociais 3º Día 31 11/05/2020

Ola a todas e todos!
Esta semana imos ver de maneira moi sinxela o que son os traballos.
As tarefas podedes facelas no word que mando, imprimilas ou ben de forma interactiva.


O sector primario, una ficha interactiva de Helena_GTB


DESCARGAR ARQUIVO DE WORD

viernes, 8 de mayo de 2020

Plástica 3º Día 30 08/05/2020

Taumatropos

Non é unha palabrota!  O taumatropo tamén chamado Marabilla xiratoria, é un xoguete que reproduce o movemento mediante dúas imáxenes, que foi inventado por John Ayrton Paris en 1824.




En vez de gomas ou un palo, podedes usar fio, lá ou cordón.

Déixovos varios para elixir o podedes facer o voso propio. Miráde a última foto!!
Podedes mandarme unha foto ou subila ao padlet.







jueves, 7 de mayo de 2020

Ciencias Sociais 4º Día 30 8.5.2020




Naturais 3º Animalario Extraordinario

Ola a todos e todas!
Comezamos co noso ANIMALARIO EXTRAORDINARIO. Este traballo ocuparavos todo o que queda do mes de maio, son tres semanas, dous animais cada semana. Ao final do mes, tendes que entregar as 6 fichas de animais.

Neste post póñovos:
  • Os animais que tedes que facer, podedes comezar por onde queirades.
  • O documento para cubrir. É un documento de word onde podedes escribir e reenviar. Pero se preferides imprimir non hai problema, e por iso engado outro documento igual, pero sen o fondo verde para non gastar tinta.
  •  Imaxes cos biomas. 
 Póñovos un exemplo de como ten que quedar.





 AQUÍ VAN TODOS OS DOCUMENTOS



DESCARGAR ANIMAIS QUE TOCARON
DESCARGAR FICHA WORD FONDO VERDE
DESCARGAR FICHA WORD FONDO BRANCO
IMAXES BIOMAS

Reparto Animais 3º

Ola a todos!!
Así vai a táboa de reparto de animais. Como vedes hai algúns repetidos, intentade os que estean repetidos cambialos ou buscar unha clase, como por exemplo como fixo Diego: quenlla tigre, crocodrilo gavial... Vamos, que podedes quedarvos co crocodrilo, pero buscando unha especie concreta.
Tamén podedes observar que na táboa aparece unha columna con outros. Hai outras clases de animais, así que si elexides outra clase distinta ás que traballamos vale, pero vades ter que poñer na ficha que clase é, para que o saiban os demais.

Os que xa saibades os que queredes, escribídeo neste post e xa completo a táboa. Senón poñedes nada antes das oito da tarde, mañá aparecerán os animais que vos tocan.


Sociais 3º Día 29 07/05/2020

Ola rapaces e rapazas!
Hoxe imos seguir cos biomas, pero esta vez cos biomas acuáticos. Déixovos un powerpoint coas explicación e un exercicio. Podedes facelo no propio powerpoint ou imprimilo, cortar e pegar.


DESCARGAR POWERPOINT

Valores 3º Día 29 07/05/2020

martes, 5 de mayo de 2020

Sociais 3º Día 28 06/050/2020

Ola a todos e todas,
Hoxe imos ver o que son os biomas ou ecosistemas. Para que? Para que poidades poñer no ANIMALARIO EXTRAORDINARIO a que bioma pertence cada un dos animais.
Non vos preocupedes, non tedes que aprendelos so facervos unha idea do que son e de cales son.

Déixovos un powerpoint coa explicación e un video. Despois tendes dúas tarefas interactivas, para practicar un pouco.





Los ecosistemas terrestres


Los ecosistemas terrestres

Ciencias Naturais 4º Día 28 6.5.2020


Materia

Plástica 4º día 28 6.5.2020

Velaquí un novo artista chamado Paul Klee. En primeiro lugar tendes que atopar as diferenzas. En segundo lugar aquí tendes un modelo dunha das súas obras pictóricas. Pásovos o blog onde podedes atopar un vídeo e outras obras famosas deste autor por se queredes cambiala.
http://rosafernandezsalamancapintores.blogspot.com/2014/07/paul-klee-para-ninos-cuadros-para.html 

Problemas snappet y de internet

Hola a todos y todas,
Os dejo un par de vídeos ( un poco cutres..) a ver si os sirven de ayuda.







Por otro lado hoy se ha caído R, lo sabemos, Elisa también se quedó sin conexión. No pasa nada, esperemos que se recupere la conexión a lo largo del día.

lunes, 4 de mayo de 2020

Naturais 3º Día 27 05/05/2020

Ola a todos e todas!
Hoxe toca comprobar os nosos coñecementos. Mándovos un cadro resumo da clasificación dos animais e un exercicio na páxina seguinte, podedes imprimila ou ben completala no mesmo documento de word. Se o completades en word, poñede o voso nome no recadro de enriba do porco.

O venres comezaremos a facer todos xuntos un ANIMALARIO EXTRAORDINARIO, no que teredes que elixir e investigar durante as seguintes tres semanas animais do mundo: un mamífero, un peixe, un anfibio, un reptil, un ave e un insecto. Vouvos dar unha plantilla para completar, pero tamén teredes unha parte bastante libre.

Vades ter dúas opcións, podedes elixir os vosos propios animais, ou ben podo asignarvos un de cada clase. Quen quera elixir os seus, non hai problema. Iremos poñendo nun apartado do blog, os que elixiu cada un  para non ter repeticións. Os que prefirades que vos mande eu cales vos tocan, tamén sen problema.
Iso si, necesito unha resposta o xoves como moi tarde, para darvos os vosos animais aos que volos asigne eu.

Nas dúas seguintes clases de sociais iremos vendo os biomas do mundo, para que poñades agregalo tamén a información dos animais.

Tamén ao final de todo, faremos un Padlet ou un mapa de google para colocar os animais nun mapa interactivo.



DESCARGAR WORD

Ciencias Sociais 4º Día 27 5.5.2020