Comezamos co noso ANIMALARIO EXTRAORDINARIO. Este traballo ocuparavos todo o que queda do mes de maio, son tres semanas, dous animais cada semana. Ao final do mes, tendes que entregar as 6 fichas de animais.
Neste post póñovos:
- Os animais que tedes que facer, podedes comezar por onde queirades.
- O documento para cubrir. É un documento de word onde podedes escribir e reenviar. Pero se preferides imprimir non hai problema, e por iso engado outro documento igual, pero sen o fondo verde para non gastar tinta.
- Imaxes cos biomas.
Póñovos un exemplo de como ten que quedar.
DESCARGAR ANIMAIS QUE TOCARON
DESCARGAR FICHA WORD FONDO VERDE
DESCARGAR FICHA WORD FONDO BRANCO
IMAXES BIOMAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario