INSTRUCCIÓNS DE FUNCIONAMENTO

Boas familias de 3º e 4º,

A continuación, as titoras de 3º e 4º, poñemos no voso coñecemento unha serie de normas que decidimos establecer para  un correcto funcionamento e utilización do blog.

Solicitamos o respecto destas instruccións:

  • Os contidos subiranse diariamente seguindo, na medida do posible, as materias que correspondan no horario de cada clase no día no que nos atopemos. Non se inclúen contidos correspondentes a materias que non impartan as titoras destes cursos. 
  • Este é un blog compartido por dous cursos de niveis distintos, polo que á hora de consultar as entradas, deberedes de fixarvos ben a clase á que corresponden os contidos. Estará perfectamente indicado nos títulos das entradas e nas etiquetas  3 (para terceiro) 4 (para cuarto): matemáticas3, matemáticas 4, lingua 3, lingua4...
  •  Todas as dúbidas, sobre as tarefas, achegaranse aos correos facilitados da titora correspondente.
  • Aconsellamos que se fagan as tarefas do día correspondente nese mesmo día para non acumulalas.
  • As tarefas deben ser reenvíadas por medio de imaxe ou pdf ao correo de cada mestra, para constatar que se fixeron. Poden ser enviadas diariamente ou acumular varios días. Somos flexibles dadas as circunstancias especiais nas que nos atopamos.. Vale perfectamente unha imaxe de móvil lexible.No asunto poñede nome do alumno e curso. 
  • Quen non teña impresora en casa ou medios para imprimir, deberá facer uso de papel e copiar os enunciados nunha folla, do mesmo feito que se fai na escola usando o libro e a libreta.
  • Lembrámosvos que os días 19 e 20 de marzo son "non lectivos" polo tanto non se subirán tarefas eses días.


No hay comentarios:

Publicar un comentario