Deixovos unha táboa
coas tarefas que irán aparecendo en snappet durante esta semana, así
teñen claro que números de tarefa facer e a orde, porque non todos poden
traballar ao día.
Sobre a orde é
importante seguila en matemáticas, nas linguas non tanto. Ainda así
recomendo que si o fagan en orde, xa que intento que teñan os
comentarios e as expresións escritas de lengua e lingua separadas ao
longo da semana, para que non coincidan.
Lembrade
que ao entrar en leccións, a primeira que hai que facer é a que está
máis abaixo, as novas sempre se van colocando enriba, así que hai que
comezar de abaixo a arriba, se levades retraso.
Ao
remate de cada semana quito as tarefas da semana anterior, para que non
se vos acumulen, pero primeiro comprobo se algún alumno ten algo sen
facer, nese caso déixolle a ese alumno as tarefas pendentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario