miércoles, 13 de mayo de 2020

Clase de 3º - Día das letras galegas

Ola a todos e todas!!
Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero
Para conmemorar este día propoñévosmos dende o colexio unha actividade para facer entre todos e todas aqueles que queiran participar. Trátase de facer un retrato do homenaxeado acompañado dunha palabra en portugués ou galego reintegracionista (con axuda dos pais e nais), tamén pode ser só a palabra pintada ou decorada. Despois, tendes que subir o debuxo ao Padlet que atoparedes premendo na foto de Ricardo que vedes aquí debaixo.


Ricardo Carvalho Calero


E...Quen é Ricardo Carvalho Calero?

Para aprender un pouquiño del, déixovos unha pequena biografía, e dúas fichas interactivas. Na primeira desas fichas veredes un video sobre a súa obra e na segunda traballaremos sobre "As pitas baixo a choiva" un conto que escribiu sobre unha experiencia da súa infancia.














2 comentarios: