Dicía Elbert Hubbard "Un amigo é aquel que o sabe todo de ti e a pesar diso quéreche. É verdade que os amigos e amigas chegan a coñecernos mellor que ninguén, mesmo mellor que os nosos pais e nais nalgunhas ocasións. Cando un amigo quéreche polo que es de verdade e non por aparéntalo, podemos dicir que é un verdadeiro amigo.
Neste curto de Nair Archawattana "Take me Home", podemos ver como unha moza que busca mascota déixase guiar en principio polas aparencias, como pode sucedernos a todos nos na vida real. Queremos ser amigo do máis "guay", do máis "popular" ou do máis guapo ou guapa. Pero non por ser alguén que che atrae polo exterior é o que máis agarimo che vai a dar ou non vaiche a fallar nos momentos no que o necesites. Ou pode ser que si, o importante é que cheguemos a coñecer aos amigos e xulguémolos polo que levan dentro e non pola súa coraiza exterior.

- Como escolles aos teus amigos e amigas? (son populares, son guapos, son simpáticos, son divertidos...)
- Por que cres que a nena escolle primeiro ao caniche?
- Por que cambiou de opinión ao final?
- Qué cualidades cres que son importantes nun bo amigo ou amiga?
No hay comentarios:
Publicar un comentario