Como estamos a estudar as vilas, cidades, aldeas, os elementos das rúas, etc.. Imos traballar cunha artista que pinta... na rúa! nos edificios!
Hoxe vouvos a presentar a Lula Goce. Lula é unha artista galega, naceu en Baiona , na provincia de Pontevedra. Lula estudou Belas artes e pinta grandes obras nas fachadas de edificios de todo o mundo. Como é galega e vive en Vigo, tamén podemos desfrutar da súa obra moi preto de aquí, por exemplo en Sada.
Esta é Lula pintando:(precisa dunha grúa!)
E esta é parte da súa obra
E agora tócavos a vos. Pintades unha destas fachadas? (Podedes debuxar o voso propio edificio)
No hay comentarios:
Publicar un comentario