Os mamíferos son o grupo de animais que mellor coñecedes. A este grupo pertencen: os cans, os gatos, os cabalos, as vacas, os coellos... Crocodilos non os vemos todo os días, se temos sorte vemos un de verdade unha ou dúas veces na nosa vida. Pero cans, gatos, vaquiñas... eso témolo controlado. Non sí?
Case todo os mamíferos comparten unha serie de característica principais: teñen catro patas (ou extremidades), cola, están cubertos de pelo... Déixovos unha ficha cun resumo.
Pero, tamén hai outros mamíferos que son un pouquiño diferentes, como os golfiños e os morcegos. Por que entón forman parte do grupo dos mamíferos? Porque nacen do ventre da súa nai e ao nacer maman o leite que a nai lles da (igual ca nos... os humanos).
É por iso que hoxe vouvos deixar uns cantos videos de mamíferos diferentes, podedes velos todos ou elexir entre os que máis vos gosten.
Despois, facedes a ficha do can, que é o mamífero que mellor coñecemos. Lembrade! podedes escribir só o que se vos pregunta nunha folla, non fai falla imprimir.
Unha aperta e boa finde!
Desfrutade do domingo!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario